Escoitar
Festas e Animación Sociocultural

Plan de tráfico "Batalla de flores 2007"

<br />

venres, 4 mai 2007
Sábado, 5 de maio as 19.00 horas

Percorrido:
Rúa García Barbón (dende a rúa Serafín Avendaño), rúa Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
Hora de saída do desfile: 19.00 horas.
Lugar e hora de formación do desfile: ás 18.00 horas entre o nó de Isaac Peral e a rúa Serafín Avendaño.

Alternativas e consellos

✔ Os vehículos que circulen procedentes de Sanjurjo Badía con dirección ao centro, poderán desviarse pola rotonda de Julián Estévez ao túnel do Areal con saída á mesma rúa (Fonte da Paelleira). Poderán tamén chegar á rotonda de Isaac Peral e subir por Antón Beiras cara á Travesía de Vigo.
✔ Os vehículos procedentes das rúas Torrecedeira e Pi Margall serán desviados pola rúa Falperra ascendente cara á rúa Venezuela.
✔ Recoméndase aos vehículos procedentes de Bouzas e Beiramar, para os destinos do Calvario e Gran Vía, a utilización da rúa da Coruña e Arquitecto Palacios.
✔ Os vehículos procedentes da rúa Falperra serán desviados no Paseo de Alfonso XII con dirección Pi y Margall.
✔ Terase en conta que os accesos ás rúas García Barbón e Policarpo Sanz se atoparán pechados en todo e seu percorrido (dende Isaac Peral ata a Porta do Sol).
✔ Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz serán desviados no cruzamento coa rúa Vázquez Varela. Aconséllase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios con saídas á Gran Vía e avda. de Castrelos.
✔ Aconséllase non baixar pola Gran Vía dende a Praza de España con dirección á rúa Urzaiz.

Recomendacións

- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre a rúa Serafín Avendaño e nó de Isaac Peral.
- Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas.
- Atender ás instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.