Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche das rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol

<br />

venres, 4 mai 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da celebración da Batalla das Flores, estarán pechadas ao tráfico as rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol, con acceso exclusivo para garaxes, o sábado 05 de maio de 2007 dende as 18.00 ás 20.30 horas.
A Policía Local en coordinación coa organización do evento establecerán os desvíos oportunos.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.