Escoitar

O alumnado do Colexio Canicouva inaugura na Pinacoteca o programa de visitas aos museos da cidade

O alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria do Colexio Canicouva inaugurou este mércores, coa a visita á Pinacoteca Francisco Fernández del Riego para coñecer a colección do pintor Colmeiro, o programa didáctico organizado polo Concello para que os estudantes de primaria e secundaria coñezan os museos de Vigo. O alcalde explicou a docentes e escolares que o obxectivo da iniciativa municipal é facilitar o coñecemento e o goce das obras expostas nos museos da cidade.

mércores, 22 out 2025

“Temos moitos museos en Vigo e queremos que os vaiades coñecendo, que gocedes das explicacións sobre os autores e do significado das obras expostas para que as vaiades apreciando”, explicou Abel Caballero aos 49 alumnos do colexio Canicouva que participaron hoxe na visita dunha hora de duración á Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.

O programa desenvólvese no Pazo Quiñones de León, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura. “Queremos que os escolares se familiaricen cos museos de Vigo”, afirmou o alcalde.

Caballero, tras destacar a importancia do novo programa municipal, lembrou que o Concello financia o transporte escolar.

 

 

Descargar todas as imaxes