Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
mércores, 18 de novembro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


O alcalde transmite á rede social Galicia Sur que abrirá provisionalmente un albergue se non o fai a Xunta

Abel Caballero recibiu este mércores ao colectivo e transmitiulles a proposta municipal de abrir de inmediato un centro de inclusión social no edificio da Gota de Leite -se a Xunta acepta vender o inmoble- para despois habilitalo definitivamente no Berbés. Se a Xunta non abre o albergue, o alcalde asegurou que será o Concello o que dispoña unha sede provisional, posiblemente na antiga sede da Escola de Hostelería.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este mércores a necesidade de apertura dun albergue na cidade, polo que asegurou que se a Xunta de Galicia non o abre, o Concello habilitará uno provisionalmente, tal e como fixo o pasado inverno.

Así llo transmitiu hoxe o alcalde á Rede Social Galicia Sur, con quen comparte a urxencia dun centro de inclusión social en Vigo. Caballero transmitiulles a proposta municipal ao respecto: comprar o edificio da Gota de Leite á Xunta de Galicia para abrir alí provisionalmente e de inmediato o albergue, mentres adecúase o definitivo na antiga Escola de Hostelería no Berbés. Esta opción, sinalou o rexedor vigués, foi compartida pola entidade.

O alcalde recordou que a oferta de adquisición do inmoble pode axilizar a apertura do necesario albergue da cidade, xa que o anterior goberno autonómico xa o dispuxo para esa finalidade. Caballero afirmou que Galicia Sur propuxo como localización definitiva o fogar de Marqués de Valterra, unha opción que o Concello estudará ainda que a ubicación non estaría dispoñible ata 2012.
Mais noticias
O alcalde cifra en 2.000 os postos de traballo directos xestionados polo Concello en plans de emprego
O tenente de alcalde inicia na zona centro unha rolda de visitas para recoller as demandas do comercio da cidade
Abel Caballero anuncia que a nova terminal do aeroporto licitarase nos primeiros meses de 2010
A nova campaña contra a violencia de xénero diríxese a mocidade, sector no que medran os casos de maltrato
A concelleira de Normalización Lingüística expresa o seu apoio á nai discriminada por querer vivir en Galiza
Galiexpo Motor Show inaugúrase o venres cunha exposición de coches americanos entre as novidades
Actuación de Tender Forever e Emilio José na programación Sinsal
Nova sesión do programa "Proxecto 6x6" no Verbum


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003