Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de novembro de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso

Abel Caballero informou este venres do visto bo concedido por Urbanismo ao proxecto do ámbito de Esturáns, entre Tomás Alonso e a Praza da Industria, zona de 11.240 metros cadrados nas que se proxectan 140 vivendas, 57 de protección. O alcalde informou dunha nova sentencia favorable ao Concello sobre o PXOM.

O devandito proxecto xa pasou polo trámite de exposición pública e o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu hoxe venres elevalo á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación definitiva. Indica o alcalde que o de Esturáns é un "ámbito moi importante" no desenvolvemento urbanístico en Tomás Alonso, na parte traseira do asteleiro Barreras.

O alcalde, Abel Caballero, informou asemade dunha nova sentencia xudicial relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, favorable aos intereses do Concello de Vigo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou a anulación, solicitada polo demandante, do ámbito de Cruceiro, en Alcabre, onde a normativa urbanística prevé unha urbanización con edificabilidade para medio millar de vivendas. Caballero apuntou que as resolucións xudiciais favorables ao Concello sobre o PXOM superan o medio centenar.

Urbanismo acordou conceder case 21.000 euros para a rehabilitación dun inmoble na rúa Elduayen de cinco vivendas, e aprobou outorgar 5.700 euros en axudas a 28 solicitantes para a realización do informe da Inspección Técnica de Edificios.
Mais noticias
O alcalde define a apertura do Centro de Inclusión como "un grito de solidarieadade en Vigo"
O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas
Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar
O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida
O sábado nova edición de FEIRA no Casco Vello
O Concello abre o concurso para subir a 40 nenos e nenas na Cabalgata de Reis
Nova exposición na sala da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Campaña "De Boa Man"
ITE das edificacións construídas entre 1970 e 1980
Bando co gallo das festas do Nadal
Peche da rúa Baixada a Samil ao tráfico
Peche da rúa Brasil ao tráfico
Aprobación inicial do "Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía
Obradoiro de escrita creativa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003