Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de novembro de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  

Xerencia municipal de Urbanismo
Servizo de Inspección Técnica de Edificacións

ITE das edificacións construídas entre 1970 e 1980

Ponse en coñecemento dos propietarios das edificacións construídas entre 1970 e 1980 que o 23 de novembro de 2012 se procedeu á publicación nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n - Vigo), e na páxina web do Concello (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo4.php), da listaxe das referencias catastrais correspondentes ás edificacións das que non consta a presentación do informe de ITE durante o ano 2011.



De conformidade co disposto no artigo 8.1 da Ordenanza municipal reguladora da ITE, toda vez que pola Xerencia Municipal de Urbanismo se comprobou a non presentación en prazo das inspeccións periódicas desas edificacións, ordenase ós interesados a súa realización, outorgando para o efecto un prazo de tres meses desde o recibo da oportuna comunicación ou da publicación deste anuncio.
Para tal fin, os propietarios ou comunidade de propietarios de cada inmoble deberán encargarlle a un/unha técnico/a competente a expedición do informe de inspección e facilitaranlle a visita de inspección a todas as dependencias da/s edificación/s existente/s na parcela. O/a técnico/a fará constar o resultado da inspección nun impreso normalizado que deberá presentarse no Rexistro da XMU. O informe reflectirá o resultado da inspección desde a cimentación ata a cuberta de cada inmoble.
No caso de incumprir esa obriga incoaráselles o correspondente procedemento sancionador a cada un dos titulares da edificación, que poderá concluír cunha multa de 300 a 6000 euros, sen prexuízo de que, ademais, poderase realizar subsidiariamente o informe da ITE, repercutíndoselle o seu custo.
Para calquera aclaración pode consultar a páxina web do Concello ou chamar ao teléfono de información de atención cidadá 986 810 349.
Mais noticias
O alcalde define a apertura do Centro de Inclusión como "un grito de solidarieadade en Vigo"
O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas
Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar
O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso
O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida
O sábado nova edición de FEIRA no Casco Vello
O Concello abre o concurso para subir a 40 nenos e nenas na Cabalgata de Reis
Nova exposición na sala da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Campaña "De Boa Man"
Bando co gallo das festas do Nadal
Peche da rúa Baixada a Samil ao tráfico
Peche da rúa Brasil ao tráfico
Aprobación inicial do "Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía
Obradoiro de escrita creativa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003