mércores, 29 xuñ 2022
O edil de Facenda subliñou a importancia da medida para 400 familias viguesas: “Todo con fondos do propio concello”, concretou Aneiros.
mércores, 29 xuñ 2022
O edil de Comercio, Ángel Rivas, presentou a proposta para solicitarlle a declaración destas áreas de Vigo á consellería de Economía, Empresa e Industria.
mércores, 29 xuñ 2022
A moción socialista insta ao goberno autonómico a introducir unha partida no orzamento do próximo ano 2023 por un importe de 3 millóns de euros para arranxar a totalidade das pistas en mal estado.
mércores, 29 xuñ 2022
Abel Caballero acompañou esta mañá no aeroporto de Vigo ás familias do centenar de estudantes que hoxe iniciaban a súa estadía de inmersión lingüística en inglés. Desde onte e ata o próximo 8 de xullo, partirán sete avións cos 767 alumnos correspondentes á edición de 2020 aos que a pandemia impediu gozar da súa bolsa de idiomas hai dous anos.
mércores, 29 xuñ 2022
O Pleno da Corporación Municipal acordou ler o manifesto aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias por José Manuel Clavo, activista LGTBI. Tamén aprobouse a moción do Grupo Mixto sobre a implantación de políticas de defensa dos dereitos das persoas LGTBI+ no ámbito local.
mércores, 29 xuñ 2022
Aprobouse por unanimidade o recoñecemento ao traballo das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Tamén exixirlle á concesionaria a cumprir o convenio colectivo en materia de revisión salarial así como a continua aposta polo servizo.
mércores, 29 xuñ 2022
O primeiro edil participou no acto organizado polo Atlántico Diario no que puxo de manifesto ante os rapaces e rapazas a importancia de preservar o medio ambiente. Abel Caballero quixo concienciar no seu discurso aos máis pequenos e pequenas sobre a "xoia medioambiental que son as Illas Cíes e a importancia da recuperación dunar en Vigo". O alcalde tamén quixo poñer de manifesto a importancia dos servizos de limpeza municipais e que Vigo ten 8 vasoiras de platino "por ser a cidade máis limpa". No acto houbo 50 proxectos premiados que o rexedor cualificou de "magníficos".