O goberno municipal garante o seu apoio ás Misioneiras do Silencio
A concelleira da área de Políticas de Benestar, Yolanda Aguiar, avanzou que a vindeira semana terá lugar un encontro coas responsables deste comedor social para buscar solucións ás “dificultades económicas que están pasando”
A edil de Benestar Social trasladou o “compromiso persoal do alcalde” co labor que desenvolve a Misión do Silencio na cidade, unha entidade coa que o Concello ten asinado un convenio de colaboración “que se vén incrementando ano tras ano ante as necesidades das persoas máis vulnerables”.
Tal e como explicou Yolanda Aguiar, o goberno municipal ten programado un encontro a vindeira semana coa entidade “para buscar solucións porque queremos que a Misión do Silencio saiba do noso compromiso coas persoas vulnerables” e adiantou que “seguiremos colaborando para que sigan realizando o magnífico traballo que fan na cidade”.