Escoitar

Os primeiros becarios de Vigo en inglés 2020 sairán mañá do aeroporto de Vigo

O aeroporto de Vigo despedirá mañá aos primeiros participantes no programa Vigo en inglés. Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo partirán 7 avións cos 767 alumnos correspondentes á edición de 2020 aos que a pandemia impediu gozar da súa bolsa de idiomas cando lles correspondía.

luns, 27 xuñ 2022

O alcalde lembrou que mañá martes ás 9,00 h, sairá do aeroporto de Vigo o primeiro voo con participantes do programa de inmersión lingüística Vigo en inglés. Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo partirán 7 voos con destino a 25 cidades de Reino Unido e Irlanda. Concretamente, os primeiros dos 767 estudantes que empezan a saír mañá -son os da edición de 2020 -viaxarán a Bath, Kingston e Peterborough.

Ademais, esta tarde, ás 19,30h, está convocada a reunión informativa coas familias de 801 alumnos e alumnas da promoción 2022, aqueles que cursan 3º da ESO e que viaxarán en outubro. Este ano, serán un total de 2.400 estudantes aproximadamente os que gocen da súa estadía de inmersión lingüística, todos os que cumprían os requisitos da convocatoria xa que non hai lista de agarda.

Descargar todas as imaxes