Escoitar

Vigo experimentou un crecemento turístico en maio de máis dun 100% respecto a 2021

O turismo en Vigo situouse en maio case en datos de 2019, dado que creceu máis dun 100% respecto a 2021. Nun mes que non é especialmente turístico na cidade, Caballero subliñou a importancia de ter recibido 34.347 visitantes.

xoves, 23 xuñ 2022

O turismo creceu no mes de maio máis dun 100% respecto a 2021, segundo avanzou o rexedor en rolda de prensa. Con 34.347 visitantes e 68.600 pernoctacións, as cifras alcanzan case niveis do ano 2019, o último antes da pandemia. O alcalde recalcou a importante recuperación turística que está a experimentar a cidade, cun aumento o mes pasado dun 103% en visitantes e dun 105% en pernoctacións. Rematou avanzando as boas previsións coas que se afronta o verán na cidade.

Fontes Aragón

O Concello iluminará de morado as fontes de Aragón con motivo do Día Internacional do Síndrome de Dravet, que se conmemora hoxe, 23 de xuño. Deste xeito, o goberno local súmase á petición da Fundación Síndrome de Dravet co obxectivo de dar visibilidade a esta enfermidade rara e alertar sobre as dificultades que sofren estas familias.

 

Descargar todas as imaxes