Escoitar

O Concello convoca 240 prazas do programa “Lecer no verán” para persoas con diversidade funcional

O alcalde anunciou en rolda de prensa que haberá o dobre de prazas que o ano anterior, ata 240, para cubrir a demanda. O prazo de inscrición estará aberto e as inscricións poden facerse no 010.

xoves, 23 xuñ 2022

O programa “Lecer no verán” contará con 240 prazas para persoas con diversidade funcional, isto é o dobre que o ano anterior. As actividades levaranse a cabo os meses de xullo e agosto con dous tramos de idade: de 6 a 30 anos e de 30 anos en adiante, respectivamente.

Abel Caballero explicou que son 40 prazas semanais e que o obxectivo é favorecer o desenvolvemento integral das persoas, adaptarse as súas necesidades e permitir a conciliación das familias.

O punto de encontro será o Museo Verbum e a partir de aí os participantes no “Lecer do verán” terán xogos de presentación, actividades dinámicas, xogos na zona das ramplas da Gran Vía, visita á praia de Samil, coñecerán O Castro e as instalacións da Policía Local, haberá distintos obradoiros, terapia canina e viaxe no barco Ocean Secrets.

Para os máis maiores o plan e facer unha viaxe no bus turístico, visitar o Museo Liste, terapia con cabalos, visita ao Concello e ao Pazo Quiñones de León en Castrelos, rutas de sendeirismo e probas e xogos para adestrar a memoria e o linguaxe.

O prazo de inscrición está aberto  e pódese facer no número de atención a cidadanía, o 010.

Descargar todas as imaxes