Escoitar

Vigo pide á Xunta 3 millóns de euros para renovar as pistas polideportivas dos colexios

A moción socialista insta ao goberno autonómico a introducir unha partida no orzamento do próximo ano 2023 por un importe de 3 millóns de euros para arranxar a totalidade das pistas en mal estado.

mércores, 29 xuñ 2022
Momento de votación durante o Pleno ordinario do mes de xuño
Momento de votación durante o Pleno ordinario do mes de xuño

O concelleiro de Educación, Gorka Gómez, defendeu que o Concello “leva anos renovando estas infraestruturas ante a alta demanda dos centros educativos e ante o pésimo estado destes equipamentos deportivos”, asumindo unha competencia “única e exclusiva da Xunta de Galicia” e rexeitou o “nulo compromiso da Xunta coa educación da nosa cidade”. A moción do grupo municipal socialista saíu adiante cos votos favorables do grupo mixto e do concelleiro non adscrito e coa abstención dos populares.

A Corporación municipal aprobou tamén a moción socialista, co apoio do grupo mixto e do concelleiro non adscrito e a abstención do PP, na que se insta á Xunta de Galicia a facer urxentemente unha revisión das estruturas de tódolos edificios escolares da cidade co fin de evitar incidentes como o que se produciu nun centro recentemente coa derruba dun teito. Así mesmo, o Pleno insta ao goberno autonómico a abordar a reforma integral dos centros educativos públicos da cidade, dado que a maioría ten máis de corenta anos de antigüidade, asumindo as competencias que lle son propias e atendendo á demanda da comunidade educativa que “leva 13 anos cunha desatención absoluta” nos colexios.

Competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre

A sesión plenaria deu luz verde este mércores, coa abstención do resto de grupos, á moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno central a transferir o antes posible á Xunta de Galicia a xestión de tódalas competencias en materia de dominio público marítimo-terrestre. A concelleira Teresa Egerique defendeu que “é indispensable para Galicia contar con esta transferencia, tendo en conta que a comunidade e os concellos do litoral son os que dispoñen dun maior grao de coñecemento da realidade do litoral galego e do valor que supón o seu patrimonio”.

Descargar todas as imaxes