Escoitar

O goberno local solicita a declaración de Zona de Gran Afluencia Turística en Vigo Histórico e Bouzas

O edil de Comercio, Ángel Rivas, presentou a proposta para solicitarlle a declaración destas áreas de Vigo á consellería de Economía, Empresa e Industria.

mércores, 29 xuñ 2022
Ángel Rivas na presentación das Zonas de Gran Afluencia Turística no Pleno
Ángel Rivas na presentación das Zonas de Gran Afluencia Turística no Pleno

O concelleiro de Comercio deu conta no pleno da nova proposta para a declaración de Vigo como Zona de Gran Afluencia Turística. Segundo explicou na sesión, estas áreas son o barrio histórico de Bouzas e a zona coñecida como Vigo Histórico.

Con esta declaración, o Pleno solicitou á consellería de Economía, Empresa e Industria cos votos favorables dos socialistas, e en contra do non adscrito, Grupo Mixto e coa abstención do PP, que os comercios poidan abrir todo o ano ata as 22 horas.

Rivas puxo de manifesto que a proposta chega logo de ter mantido diferentes xuntanzas coas asociacións de comerciantes e hostaleiros, coa Cámara de Comercio e asociacións de consumidores e usuarios, ademais dos sindicatos maioritario na cidade. Deste xeito, a proposta “recolle as inquedanzas e sensibilidades de todas as organizacións”.

Os datos publicados polo INE en xaneiro do 2021 de pernoctacións en establecementos hoteleiros incrementaron con respecto ao 2016, superando as 650.000. Para o edil responsable da área, “isto permitiu definir de novo a Zona de Gran Afluencia Turística co aumento continuo de visitantes e a desestacionalización do turismo”.

E concluíu o concelleiro: “Unha das prioridades es la dinamización do pequeno e mediano comercio”.

Descargar todas as imaxes