mércores, 14 out 2020
O rexedor vén de propoñer ao presidente da Xunta un convenio de colaboración para remodelar as rúas que rodean a Cidade da Xustiza. En rolda de prensa, eloxiou a calidade arquitectónica do proxecto no que considerou fundamental a incorporación das ramplas de Gran Vía para facilitar a súa accesibilidade e reducir o uso de vehículos na zona.
mércores, 14 out 2020
“Mañá acaba o percorrido dun cuarto de século de espera, desde este goberno local estamos cosendo as feridas da cidade, facendo que saia á luz unha nova pel brillante”, sinalou este mércores o alcalde de Vigo tras anunciar que o Pleno Municipal aprobará de forma provisional este xoves a ordenación urbanística do Barrio do Cura.
mércores, 14 out 2020
Debido á crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19, o Concello de Vigo prorroga o contrato para xestionar o programa “Vigo en Inglés” e o alcalde avanza que se traballa coa previsión de poder desenvolver a iniciativa de inmersión lingüística como opción preferente entre a 2ª quincena de xuño e a 1ª de xullo de 2021.
mércores, 14 out 2020
Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente do club, Gustavo Falque, quen solicitou que se manteña o próximo ano o apoio económico que o Concello presta á entidade. O rexedor indicou que se ultima a “visión final do orzamento” de 2021 e adiantou que prestará atención á demanda.
mércores, 14 out 2020
Os percorridos, guiados polas personaxes de Concepción Arenal, Irene de Ceballos ou “Cachamuíña”, son gratuítos previa inscrición e con aforo limitado. O goberno de Vigo programa un total de vinte catro xornadas, desde hoxe mércores ata o 15 de novembro.