Escoitar

O alcalde louva o proxecto do Coruxo FC, ao que o Concello adica 100.000 euros

Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente do club, Gustavo Falque, quen solicitou que se manteña o próximo ano o apoio económico que o Concello presta á entidade. O rexedor indicou que se ultima a “visión final do orzamento” de 2021 e adiantou que prestará atención á demanda.

mércores, 14 out 2020
De esquerda a dereita, Gustavo Falque, Abel Caballero e Manel Fernández
De esquerda a dereita, Gustavo Falque, Abel Caballero e Manel Fernández

“Prestarei atención á súa demanda, porque Coruxo, a parroquia e o club, son merecedores do mellor trato”, afirmou o alcalde en rolda de prensa posterior á entrevista. Na reunión, que contou tamén coa presenza do edil de Deportes, Manel Fernández, Caballero e Falque falaron das perspectivas do club, que se ve nun bo momento e cun bo equipo, ás portas do inicio da tempada 2020-2021 e da nova Segunda B.

A este respecto, segundo explicou o alcalde, o presidente do Coruxo manifestoulle que teñen outro tipo de gastos, distintos aos de anos anteriores, e solicitaron do Concello que se manteña a axuda económica actual, que ascende a 100.000 euros. O goberno que dirixe Abel Caballero atópase na “visión final do orzamento” de 2021, segundo anotou.

Descargar todas as imaxes