martes, 13 outubro 2020

As Travesas acolle o World Padel Tour entre o 15 e o 22 de novembro

martes, 13 out 2020

Unha vez que o estado de alarma obrigara a suspender o Word Padel Tour o pasado mes de marzo, esta competición deportiva chegará finalmente á nosa cidade entre o 15 e o 22 de novembro. Trescentos deportistas -o 40% son mulleres – daranse cita no pavillón das Travesas nunha edición que non poderá contar con público dada a situación sanitaria.

O MARCO abre unha nova temporada do curso de cine

martes, 13 out 2020

O alcalde informou este martes da posta en marcha do novo ciclo formativo baixo o título "Eutopías. A procura do bo lugar no cinema", que se desenvolverá en dúas quendas e con aforo limitado para garantir a seguridade sanitaria.