O rexedor valora o traballo de Radio ECCA como pioneira das novas tecnoloxías para a formación
Abel Caballero achegouse este venres ao acto de inicio do curso académico 2020-2021 de Radio Ecca en Galicia, celebrado na sede da Deputación en Vigo, onde felicitou á entidade polo traballo desenvolvido e pola metodoloxía empregada na formación a distancia. Destacou o alcalde o seu labor como “pioneira no uso da radio e das novas tecnoloxías para a formación”, un ámbito “tan importante nestes tempos” nos que a formación e o coñecemento son relevantes.
