luns, 23 ago 2010
O alcalde felicitou este luns a Estanislao Eireos e a Rubén Corral, dous axentes da sección rural da Policía Local que axudaron á detención dun suposto colaborador do atraco cometido a pasada semana en A Cañiza, que costoulle a vida a un guardia civil. Caballero salientou a colaboración cidadá nesta operación, a "profesionalización" da Policía Local e a súa "notable" cooperación coa Nacional e coa Guardia Civil.
luns, 23 ago 2010
A concelleira de Normalización Lingüística e Xuventude, Iolanda Veloso, destacou este luns a boa acollida que tiveron as 54 actividades de verán organizadas por este departamento en diferentes espazos da xeografía viguesa. Segundo salientou a concelleira nacionalista, máis de 800 rapaces e rapazas participaron no programa, que ten o obxectivo de ofrecer outras opcións de lecer en distintos puntos tendo sempre en común a lingua galega "como lingua vehicular dos xogos", e mesmo como parte integrante da actividade.
luns, 23 ago 2010
Abel Caballero reuníuse con representantes da Federación de Veciños "Eduardo Chao" aos que notificou a intención do goberno local de paralizar a actuación de derriba da antigua estación do tranvía ao tratarse dun elemento con "valor histórico". No encontro tamén se abordaron temas coma o local da rúa Ecuador.
luns, 23 ago 2010
Abel Caballero informou este luns da aprobación polo goberno local de sendas melloras no parque de bombeiros de Balaídos, por valor de 150.000 euros, e que atópase "nunhas condicións lamentables". Ao tempo, o socialista avanzou que o Concello ten encargado "un proxecto de nave alternativa" para modernizar o Parque Central de Teis, e reclamou ao Porto de Vigo un espazo para a "presenza permanente" dos bombeiros nesta zona de "risco".
luns, 23 ago 2010
O alcalde remite unha carta ao ente Augas de Galicia e ao conselleiro de Medioambiente pedindo tamén a máxima eficacia na tramitación das sancións e ofreceu a total cooperación do Concello para que todas as tramitacións "cheguen ao final". O socialista insistiu que, no caso de Vigo, o número de verquidos rexistrou un descenso nos dous últimos anos