Escoitar

Abel Caballero eloxiou a "profesionalización e coordinación" da Policía Local, quen participou na detención dun presunto atracador en A Cañiza

O alcalde felicitou este luns a Estanislao Eireos e a Rubén Corral, dous axentes da sección rural da Policía Local que axudaron á detención dun suposto colaborador do atraco cometido a pasada semana en A Cañiza, que costoulle a vida a un guardia civil. Caballero salientou a colaboración cidadá nesta operación, a "profesionalización" da Policía Local e a súa "notable" cooperación coa Nacional e coa Guardia Civil.

luns, 23 ago 2010
1282565582polis.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este luns a "profesionalización" da Policía Local e a "coordinación" desta coa Policía Nacional e coa Guardia Civil, tras a cooperación cidadá coas forzas de seguridade que posibilitou a detención dun presunto colaborador do atraco a unha sucursal bancaria en A Cañiza, no que resultou morto un guardia civil e outro ferido.

O socialista recibíu hoxe aos dous axentes da Policía Local que participaron nesta detención, Estanislao Eireos e Rubén Corral, quenes detectaron a moto do detido tras ser alertados polos veciños. A Policía Local deu a voz de alarma á Nacional e a coordinación deu como froito a detención.

Abel Caballero, quen felicitou en nome da cidade aos dous axentes, salientou a "profesionalización" da Policía Local e a "notable" cooperación deste corpo coa Policía Nacional e coa Guardia Civil, "esforzos coordinados" que fan ao corpo de seguridade vigués "moito máis eficaces na actuación", apuntou o alcalde.
Descargar todas as imaxes