Xabier Alonso di que o Celta "é o equipo representativo de moitos galegos e galegas" na presentación do Trofeo Cidade de Vigo
O Real Club Celta medirase ao Real Zaragoza nun choque cualificado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, como "de Primeira División", este sábado no XL Trofeo Cidade de Vigo de fútbol. Será unha nova edición a partido único, como sucede dende 1997, e que se xogará ás 22 horas no estadio municipal de Balaídos (TVG). A presentación do evento tivo lugar no Concello coa presencia da tradicional "uve" para o gañador e os demais trofeos en xogo.
"Este partido é o final do proceso de pretempada, na que o equipo está funcionando, e un partido de Primeira para ver como está o conxunto", sostivo Xabier Alonso, concelleiro de Deportes. Ademais, esta posta de largo do club celeste é maís importante aínda porque, como lembrou o concelleiro, "o Celta é algo máis que o equipo representativo de Vigo, o é tamén do Morrazo, do Salnés, do Val Miñor, do Baixo Miño, de moitos galegos e galegas e, tamén especialmente, de moitos galegos e galegas na diáspora".
O concelleiro nacionalista, que de novo apostou pola canteira viguesa como unha peza "importante para o Celta", deu a benvida ás fichaxes do club e fíxose eco do sentimento da afección, que "quere un equipo de Primeira, que é o que lle corresponde e esa debe ser a aspiración do equipo". Na mesma liña de ilusión manifestouse o vicepresidente céltico Pedro Posada, que entende que o adestrador, Paco Herrera, sexa sempre cauto e vaia partido a partido. Posada recoñeceu que "quero ver ascender ao equipo este ano", e desexou que a edición 41 do Cidade de Vigo, no 2011, "xa sexa con dous equipos en igualdade de condicións", é dicir, na máxima categoría.
Ademais de Alonso e Posada, á presentación asistiron representantes doutros patrocinadores (El Corte Inglés e Coca-Cola), o director xeral celeste, Antonio Chaves, o director deportivo, Miguel Torrecilla, e o cadro técnico liderado por Paco Herrera, o novo adestrador, ademais de varios xogadores do primeiro equipo, incluídos os catro capitáns, Borja Oubiña, Falcón, Jonathan Vila e Roberto Lago.
A clásica "uve" de Vigo é un magnífico traballo de ourivaría que custa 16.000 euros e que tamén paga o Concello. Ademais, como cada ano, haberá trofeo para o subcampión, donado polo Corte Inglés, e para o mellor xogador (Coca-Cola). Despois da rolda de prensa, técnicos, xogadores, patrocinadores e directivos posaron co concelleiro de Deportes xunto cos trofeos, pero sen tocar o trofeo, como lembrou entre bromas o adestrador dos vigueses.
A "uve" de Vigo foi gañada dende 2001 polo Sporting de Lisboa (2001), Celta (2002, 2005, 2006, 2008 e 2009), Sevilla (2003), Vitoria (2004) e Atlético de Madrid (2007). O Trofeo Cidade de Vigo comezou a súa andaina no ano 1971 en formato de triangular (Celta, Panathinaikos e Pontevedra) e foi gañado, entre outros, polo Chelsea, Real Madrid, Atlético de Madrid, Lazio, Benfica, Inter, Spartak de Moscova ou Cruzeiro, ademais de polo propio conxunto vigués. O Zaragoza xa xogou o torneo no 2005, perdendo. Alonso lembrou que o Cidade de Vigo debe quedar no museo celeste diante de "quen nos gañou dúas finais de Copa".
As entradas manterán o prezo da edición do 2009, é dicir, para adultos custarán 15 euros en Tribuna e 10 en Preferencia (as únicas bancadas abertas para o encontro), e para os nenos e junior serán de 5 euros.
Descargar todas as imaxes