Abel Caballero presenta os "recolle cabichas", que xa estanse a entregar nas praias de Vigo
O alcalde de Vigo acudíu este xoves a Samil, unha das once praias viguesas onde os equipos de salvamento fan entrega de balde dos conos "recolle cabichas". Inicialmente o Concello dispón de 5.000 unidades, 100% reciclables e coa tecnoloxía de producción de menor impacto ambiental. Caballero solicitou da cidadanía o uso dos conos para axudar a manter as praias de Vigo no mellor estado posible.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves os conos "recolle cabichas", 5.000 unidades inicialmente que xa estanse entregando nos areais de Vigo para colaborar na limpeza das praias.
Abel Caballero explicou que os conos son gratuitos e poden ser recollidos nos postos de socorrismo, Policía Local e Cruz Vermella presentes en once praias viguesas. Os "recolle cabichas" son reutilizables e 100% reciclables no contedor amarelo, e elaboráronse coa tecnoloxía de menor impacto ambiental.
Principais problemas das cabichas
-As cabichas de cigarros representan un gran número do lixo atopado nas nosas praias. É difícil recollelas coas máquinas limpadoras.
- Un só filtro de cigarro é tóxico suficiente para contaminar 8 litros de auga de mar. Estes están deseñados para absorber o alcatrán e os produtos químicos como o cadmio, o chumbo e o arsénico. Cando entran en contacto coa auga do mar fíltranse estas sustancias tóxicas.
- Tardan entre cinco e vinte anos en desaparecer de xeito natural. Non son, como comunmente se pensa, de papel, senón de acetato de celulosa, un tipo de plástico non biodegradable que persisten no medio ambiente durante moitos anos.
- Son facilmente confundibles con alimentos polos animais mariños. Millóns de cabichas de cigarros chegan ao mar cada ano con efectos potencialmente devastadores sobre a fauna mariña. Atopáronse nas tripas das baleas, golfiños, aves mariñas, peixes e tartarugas.
Descargar todas as imaxes