As escolas deportivas municipais ofertan máis de 5.000 prazas para o curso 2010/2011, que inclúen o campo de Navia
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este mércores que as escolas deportivas municipais ten programado o ensino de 28 modalidades deportivas, ofertando máis de 5.000 prazas para nenos e nenas empadroados en Vigo e nacidos entre 1994 e 2004, así como tres programas para adultos maiores de 18 anos (defensa persoal, tenis de mesa e tiro con arco) e baloncesto e natación para persoas con discapacidade física e psíquica. O novo curso comezará o 1 de outubro e prolongaranse durante oito meses ata o 28 de maio do 2011.
"O noso obxectivo é promocionar o hábito deportivo e traballar na base", dixo Xabier Alonso sobre o programa de escolas deportivas, que dirixe dende o Instituto Municipal dos Deportes José Ángel Lago. "Ter as maiores infraestruturas non tería sentido se non gañamos adeptos para os deportes, e as escolas crean un hábito saudable", explicou o concelleiro nacionalista.
Este ano, unha das novidades é a incorporación inmediata ás escolas do campo de fútbol de Navia, o Municipal Pahiño (alí ofértanse 480 prazas entre as dúas escolas do Alerta Navia e o Arenas de Alcabre) e "ao longo do curso" incorporarase tamén o pavillón de Navia, en canto sexa inaugurado. Alí irán bádminton, baloncesto, balonmán e fútbol sala cando a instalación esté en marcha. Celta Indepo, Seis do Nadal, o Coruxo e a Federación Galega de Bádminton serán os encargados de impartir esas clases, que polo momento seguen nos polideportivos habituais doutros anos.
Con máis de 3.000 alumnos e alumnas o ano pasado en todas as instalacións deportivas municipais da cidade, "aínda por enriba os clubs nútrense dos nenos e nenas que unha vez experimentado un deporte, elixen a especialidade que máis lles gusta e entran en fase competitiva", sinalou o concelleiro, para quen este programa é "unha das xoias da Concellería".
Prazos de matrícula
O IMD abrirá en setembro cinco prazos de matrícula de forma graduada: para os antigos alumnos e alumnas de patinaxe (2 e 3 de setembro), para os antigos alumnos e alumnas de ximnasia rítmica e tenis (6 ao 18 de setembro), para os antigos alumnos e alumnas de todas as modalidades (do 13 ao 16 de setembro), para os novos e antigos alumnos e alumnas de todas as modalidades (do 21 ao 23 de setembro) e a partires do 27 de setembro para os adultos nas súas tres modalidades (defensa persoal, tenis de mesa e tiro con arco).
Haberá un segundo período de matrícula do 4 ao 21 de outubro nas modalidades que haxa prazas libres e do 5 ao 23 dese mes para os adultos. Ademais, o IMD terá matrícula aberta de forma permanente entre o 10 e o 22 de cada mes de novembro a abril nas modalidades que haxa prazas libres.