Escoitar

Calviño asegura que a nova rotonda de Gran Vía mellora a seguridade viaria e o tráfico de POVISA e do centro comercial

O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, fixo hoxe mércores unha valoración "enormemente positiva" da nova rotonda provisional ubicada na Gran Vía con Tarragona, unha medida que gaña en seguridade viaria para peóns e vehículos -non se rexistrou ningún accidente coa presenza dos Atestados- e facilita a circulación rodada no entorno de POVISA -en particular ao centro médico- e nos accesos e saídas do centro comercial Gran Vía.

mércores, 18 ago 2010
O pasado luns, 9 de agosto, comezou a operar provisionalmente a segunda rotonda de Gran Vía con Tarragona, ao tempo que abríuse ao tráfico as rúas Regueiro e a propia Tarragona, unha vez rematadas as súas humanizacións.

No tocante ao obxectivo prioritario destas melloras do tráfico, o edil explicou que desde a posta en marcha da nova rotonda non se rexistrou ningún accidente de circulación no que intervira Atestados, confirmando a mellora na siniestralidade nunha das rúas cun maior número de accidentes.

Sobre a zona de POVISA, Tarragona paso a quedar con dous carrís en sentido ascendente para mellorar o acceso ao centro médico en particular e a todo o entorno en xeral, apuntou o socialista, como "en efecto está resultando".

E en terceiro lugar, os accesos e saídas desde a Gran Vía ao centro comercial do mesmo nome están a experimentar unha "mellora moi considerable" grazas á acción da nova rotonda, que conta con sinalización horizontal e vertical nas inmediacións para alertar aos condutores da presenza da mesma, garantizando ao tempo "seguridade para vehículos e peóns".

Xulio Calviño afirmou que agarda que a rotonda poida pasar a ser definitiva o antes posible, e indicou que as patronais das autoescolas e do taxis amosáronlle o seu apoio á nova regulación da circulación na Gran Vía. Para ser definitiva, o departamento de Mobilidade comprobará o seu funcionamento en setembro, co número de vehículos habitual nesta avenida da cidade.