Escoitar

A Concellería de Cultura prorroga a exposición "Vigo Pleamar", instalada na Alameda, ata o 31 de agosto

A mostra "Vigo Pleamar. Máximal Aérea", instalada nos xardíns da Alameda dende o 15 de xullo, amplía o periodo de exposición ata 31 de agosto. Segundo informa a Concellería de Cultura, prorrógase a mostra debido ao éxito acadado dende a súa inauguración e o interese que dende entón ten espertado entre os visitantes.

martes, 17 ago 2010
"Vigo Pleamar. Máximal Aérea" é unha montaxe expositiva que amosa a historia da cidade a través do mar mediante obxectos creados con material de refugallo. Deste xeito, a mostra da continuidade a un proxecto artístico que se iniciou cun obradoiro organizado pola Fundación Nautilus nos meses de abril e maio na Casa das Artes.