Escoitar

Abel Caballero ordea a suspensión de licenzas no ámbito edificativo da antiga estación do tranvía de Canido

O alcalde socialista deu instruccións á Concellería de Urbanismo para iniciar o trámite de paralización de licenzas coa intención de evitar calquer intento de derriba deste edificio singular. Abel Caballero definiu o inmoble como unha parte da memoria histórica da cidade e considerou un grave erro do Plan Xeral de Ordenación Municipal o feito de que permitira a súa demolición.

venres, 13 ago 2010
O alcalde insistiu na xornada deste venres que a antiga estación do Tranvía, emprazada en Canido, forma parte da cultura histórica de Vigo e que se trata dun edificio singular que debería ser conservado. De aí as instruccións dadas hoxe ao concelleiro de Urbanismo para que suspenda as licenzas nese espazo.

Abel Caballero explicou tamén que o Plan de Ordenación municipal, elaborado polo anterior goberno, contemplaba a derriba, feito que cualificou de erro. Fronte a elo a figura xurídica que se utilizará será a suspensión de licenzas que se aplicará coa intención de "paralizar calquer intento de derriba". "Iniciamos esa figura, non imos dar licenza de demolición e imos ver cómo podemos manter esa estación viva", afirmou.