xoves, 19 agosto 2010

Abel Caballero presenta os "recolle cabichas", que xa estanse a entregar nas praias de Vigo

O alcalde de Vigo acudíu este xoves a Samil, unha das once praias viguesas onde os equipos de salvamento fan entrega de balde dos conos "recolle cabichas". Inicialmente o Concello dispón de 5.000 unidades, 100% reciclables e coa tecnoloxía de producción de menor impacto ambiental. Caballero solicitou da cidadanía o uso dos conos para axudar a manter as praias de Vigo no mellor estado posible.

Máis de 90 persoas de socorrismo e limpeza atenden os areais de Vigo durante o verán

xoves, 19 ago 2010

O alcalde de Vigo explicou que o bó traballo destes servizos refíctense en praias limpas e no bo nivel de satisfacción dos usuarios. Abel Caballero pediu a colaboración cidadá para manter estes parámetros aínda que explicou que ate o de agora detéctase "bastante nivel de cooperación" nuns areais que están a rexistrar, segundo apuntou, "un importantísimo número de bañistas"