Xabier Alonso celebra o éxito e a continuidade da Travesía a Nado da Ría, este ano Gran Premio Concellería de Deportes
A praia do Con, en Moaña, e a dársena interior do Real Club Náutico de Vigo serán punto de partida e chegada, respectivamente, este domingo 22 de agosto (11:30 horas) da XI Travesía a nado da Ría de Vigo. Trátase dunha proba iniciada en 1945, desaparecida nos anos 70 e que o Náutico recuperou en 2006.
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, deu por seguro o éxito do evento un ano máis, que "asemade serve para irmanarnos con Moaña". O concelleiro nacionalista incidiu en que a proba é "magnífica polo aliciente de atravesar a Ría de beira a beira cando moita xente pensaba que non era así". Confirmou o apoio ao evento, como todos os anos que leva á fronte do departamento de Deportes, e manifestou o seu desexo de seguir axudando ao máximo para que "a proba sexa o máis popular posible".
O presidente do Náutico, Franco Cobas, asegurou que o domingo pensan facer "dalgún xeito" unha homenaxe a Alejandro Febrero, nadador que participou nos Xogos Olímpicos de Londres en 1948 e que faleceu o pasado venres. Febrero, un símbolo do Náutico, gañou ademais esta travesía en 1945 e 1954.
Nesta edición, a organización inscribiu a 176 participantes, non podendo aceptar máis por motivos de seguridade de Capitanía Marítima. "Temos 70-80 nadadores e nadadoras en lista de espera", lembrou a delegada de natación do club, Pilar Pousa. Os tres primeiros clasificados e clasificadas do Circuíto Galego de Augas Abertas, porque a proba é puntuable, acoden a Vigo, como tamén competidores de Portugal e outras comunidades, dado o interese da travesía.
O percorrido, tanto para federados e federadas como para afeccionados e afeccionadas, é de 3.700 metros. Distribuiranse trofeos para os dez primeiros de categoría absoluta masculina e feminina e premios en metálico para os seis primeiros. Por decisión do RCNV e dos patrocinadores privados, a proba denominarase Gran Premio Concellería de Deportes.