Escoitar

Carlos Font afirma que as obras do consistorio vigués son "as mínimas imprescindibles"

O concelleiro socialista explicou que a reparación no Concello de Vigo, que ascende a 340.000 euros, inclúe ao selado de fachadas, a cobertura das terrazas e o illamento para evitar novas filtracións en canto cheguen as choivas. Font defendeu a proposta do alcalde vigués de levar adiante o proxecto do arquitecto Rafael Moneo ante un edificio cuio estado deniniu como "agónico"

mércores, 18 ago 2010
"Estamos nun edificio que agoniza, con deficiencias por todas partes". Así definiu o concelleiro de Xestión Municipal, o socialista Cartlos López Font, o estado do consistorio municipal no que se están levando a cabo as obras "mínimas imprescindibles" para solucionar os problemas reiterados de pingueiras e humidades en canto chegan as choivas.

As obras, que teñen un custo de 340.000 euros, comezaron este mesmo mes de agosto e teñen un prazo de finalización previsto a mediados de outubro; todo elo coa intención, segundo apuntou Font, "de que este edificio poida pasar outro inverno". "A situación de deterioro é tal que hai gretas no edificio, nas canalizacións, nos teitos. De non acometer esta reparación a situación sería irreversible", dixo.

O concelleiro de Xestión Municipal subliñou tamén que nestes tres anos de goberno a inversión en distintas reparacións ascendeu a 1,5 millóns de euros que se destinaron, entre outras actuacións, á lonxa, á galería da Alcaldía tralo derrubamento, a despachos con filtracións de auga, ao transformador... "Se fai o mínimo imprescindible para que se poida traballar en condicións de mínima garantía", explicou o socialista.

Frente a elo contrapuxo as obras realizadas polo anterior goberno municipal do PP que adicou 2 millóns de euros a un despacho no edificio do Areal para a entonces alcaldesa, Corina Porro, "un despacho luxoso e inservible" tal e como asegurou Carlos Font. "Cando esto se produxo o edificio tiña as mesmas carencias e con eses cartos se terían solucionado moitas delas", indicou.

Proxecto Moneo
Por este motivo o edil socialista reiterou a necesidade de rexeneración do consistorio e da Praza do Rei a través do proxecto do arquitecto Rafael Moneo e neste sentido incidiu na necesidade da "solución Moneo" ante un edificio "que ten os seus días contados".

Na súa explicación das obras que se están a levar a cabo destacou ademáis que a reforma integral é importante "sobre todo en época de contención económica e de crise". "Que os cidadáns saiban que que non estamos malgastando os cartos senón que é o mínimo imprescindible para poder seguir traballando en condicións mínimas".