mércores, 18 ago 2010
O concelleiro socialista explicou que a reparación no Concello de Vigo, que ascende a 340.000 euros, inclúe ao selado de fachadas, a cobertura das terrazas e o illamento para evitar novas filtracións en canto cheguen as choivas. Font defendeu a proposta do alcalde vigués de levar adiante o proxecto do arquitecto Rafael Moneo ante un edificio cuio estado deniniu como "agónico"
mércores, 18 ago 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este mércores o "tremendo éxito" de todas as actividades que se desenvolveron con motivo das Festas de Verán de Vigo 2010. No balance da participación nos espectáculos programados, o nacionalista salientou que máis de 350.000 persoas tiveron a oportunidade de disfrutar dunha ampla programación, que incluíu concertos no auditorio de Castrelos, actuacións no Casco Vello e actividades infantís.
mércores, 18 ago 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este mércores que as escolas deportivas municipais ten programado o ensino de 28 modalidades deportivas, ofertando máis de 5.000 prazas para nenos e nenas empadroados en Vigo e nacidos entre 1994 e 2004, así como tres programas para adultos maiores de 18 anos (defensa persoal, tenis de mesa e tiro con arco) e baloncesto e natación para persoas con discapacidade física e psíquica. O novo curso comezará o 1 de outubro e prolongaranse durante oito meses ata o 28 de maio do 2011.
mércores, 18 ago 2010
A praia do Con, en Moaña, e a dársena interior do Real Club Náutico de Vigo serán punto de partida e chegada, respectivamente, este domingo 22 de agosto (11:30 horas) da XI Travesía a nado da Ría de Vigo. Trátase dunha proba iniciada en 1945, desaparecida nos anos 70 e que o Náutico recuperou en 2006.