venres, 20 ago 2010
O Real Club Celta medirase ao Real Zaragoza nun choque cualificado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, como "de Primeira División", este sábado no XL Trofeo Cidade de Vigo de fútbol. Será unha nova edición a partido único, como sucede dende 1997, e que se xogará ás 22 horas no estadio municipal de Balaídos (TVG). A presentación do evento tivo lugar no Concello coa presencia da tradicional "uve" para o gañador e os demais trofeos en xogo.
venres, 20 ago 2010
O programa "Domingos de Museo", que se desenvolve todos os domingos no Museo da Cidade Quiñones de León propón para o vindeiro 22 de agosto un novo obradoiro destinado aos rapaces e rapazas e ao público familiar. Trátase da actividade "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que comezará ás 11.30 horas e durante unha hora a mascota do museo guiará aos participantes nun itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo.