Escoitar

A humanización de Jenaro de la Fuente completarase coa alternancia de laranxos e olivos

Abel Caballero destaca na súa visita as obras do aparcamento e a humanización que esta rúa convertiráse nun gran vial humanizado que será inaugurado, previsiblemente, na segunda quincena do mes de setembro, ao igual que o parking. Respecto a este último subliñou que conta con 474 prazas das que un 20% están reservadas a residentes.

venres, 20 ago 2010
1282311344jenaro.jpg
O alcalde de Vigo indicou que o aparcamento conta cun número elevado de acesos polo que será "moi cómodo" e que coa súa execución dase resposta a unha vella demanda dos comerciantes da zona. "Esto é xa un centro de Vigo, con comercio de calidade, calles humanizadas, peonís e semipeonís...", afirmou.

Ademáis o rexidor socialista insistiu en que a humanización de Jenaro de la Fuente
contará, coma no resto das rúas humanizadas en Vigo, con materiais de primeiras calidades e terá así beirarrúas de granito de óptima calidade, novos puntos de luz, bancos, etc, nos case que 500 metros que ten a rúa.

A salvedade desta humanización, tal e como resaltou Abel Caballero, e que ésta será a única que contará coas dúas clases de árbores emblemáticos de Vigo. Olivos e laranxos alternaránse nunha combinación que transformará a actual calle nunha gran rúa verde.

1282311344jenaro.jpg
1282311351jenaro2.jpg
Descargar todas as imaxes