"Landriña viaxa ao interior das paisaxes" é a nova proposta do Museo de Castrelos para o vindeiro domingo
O programa "Domingos de Museo", que se desenvolve todos os domingos no Museo da Cidade Quiñones de León propón para o vindeiro 22 de agosto un novo obradoiro destinado aos rapaces e rapazas e ao público familiar. Trátase da actividade "Landriña viaxa ao interior das paisaxes", que comezará ás 11.30 horas e durante unha hora a mascota do museo guiará aos participantes nun itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo.
No percorrido, Landriña amosará como ademais de utilizar a liña e a cor, os artistas utilizan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir. Coa axuda da imaxinación, as persoas que se acheguen ao museo poderán viaxar ao interior desas paisaxes e descubrir cores, olores, personaxes e animais que servirán para crear unha historia.
"Landriña viaxa ao interior das paisaxes" completarase cun xogo que ten como base os cadros seleccionados e co que se porá a proba a capacidade de observación dos participantes. O número máximo de participantes nas visitas dinamizadas que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico no museo de Castrelos é de 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes, que poden participar na actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador.