Máis de 90 persoas de socorrismo e limpeza atenden os areais de Vigo durante o verán
O alcalde de Vigo explicou que o bó traballo destes servizos refíctense en praias limpas e no bo nivel de satisfacción dos usuarios. Abel Caballero pediu a colaboración cidadá para manter estes parámetros aínda que explicou que ate o de agora detéctase "bastante nivel de cooperación" nuns areais que están a rexistrar, segundo apuntou, "un importantísimo número de bañistas"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que arredor dunhas 90 persoas están a traballar por manter un bo nivel de limpeza e de atención nas praias de Vigo. Neste senso o rexidor socialista afirmou que os areais vigueses seguen a recibir un importante número de bañistas, "seguramente coma nunca sucedera ate o de agora", dixo o alcalde.
"Son praias limpas, que se atenden de xeito continuado", indicou Caballero quen tamén subliñou as 8 bandeiras azuis acadadas este ano para as praias de Vigo. Concretamente hai 51 socorristas, 8 nas piscinas de Samil que atenden contíuamente a seguridade nestas instalacións. Ademáis explicou que 22 persoas atenden á limpeza e mantemento de xardíns e outras 23 de areais. Tamén referíuse á praia da Punta para dicir que está a funcionar "francamente ben" con horarios ininterrumpidos.
Seguridade
En canto á seguridade Abel Caballero indicou que éste está a ser un verán "tranquilo, con menos hurtos, menos conflictos e menos problemas", apostillou. O rexidor olívico aproveitou tamén a oportunidade para lembrar as normas que rexen nas praias viguesas coma a prohibición de xogar ao balón ou reservar mesas en Samil, entre outras. Aínda así explicou que o que se detecta nos cidadáns de Vigo "é un coidado exquisito".
Descargar todas as imaxes