Escoitar

O alcalde trasládalle á FAVEC a vontade de suspender as licenzas no ámbito da estación de Canido

Abel Caballero reuníuse con representantes da Federación de Veciños "Eduardo Chao" aos que notificou a intención do goberno local de paralizar a actuación de derriba da antigua estación do tranvía ao tratarse dun elemento con "valor histórico". No encontro tamén se abordaron temas coma o local da rúa Ecuador.

luns, 23 ago 2010
1282566075favec.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicóulles que se suspenderán as licenzas na actuación urbanística da estación de Canido ao creer que debe ser conservada. Tamén lembrou que o Plan Urbanístico elaborado polo anterior goberno municipal do PP "non foi precavido" neste senso ao "contemplar a derriba".

Tal e como subliñou o alcalde negociarase coa empresa o mantemento do inmoble e puntualizou que, "unha vez falado", buscaráselle unha adicación.

No encontro cos dirixentes veciñais tamén tratouse o local ubicado na rúa Ecuador, da que o rexedor socialista reiterou que "non está en condicións de habitabilidade". "No está en condiciones para que traballe ninguén", apostillou.
Descargar todas as imaxes