Abel Caballero anuncia que a recuperación do humidal da Bouza estará rematada en primavera
Abel Caballero visitou na mañá deste xoves o espazo natural situado na conca dereita do río Lagares e no que estan representadas poboacións de invertebrados, reptís e aves así coma vexetación de ribeira. O alcalde adiantou que quere convertir a Bouza nun dos grandes humedais urbanos de España e que se está a traballar tamén para a posta en valor dos humidais do Vao, Goberna e Muíños.