O alcalde insta á Xunta a manter o vóo Vigo Bruxelas durante todo o ano
Abel Caballero remitirá unha carta ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na que lle pedirá que manteña o apoio á empresa, a recuperación do enlace con Londres así como o establecemento de novas rutas. Lembrou que de cumprirse as previsións o apoio da Xunta á liña con Bruxelas rematará o mes próximo polo o enlace desaparecerá
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que é necesario a promoción e o apoio ás liñas en Peinador polo que lle enviará unha carta ao conselleiro de Cultura na que lle pedirá que a ruta con Bruxelas non se cancele no mes de setembro, tal e como estaba previsto. Caballero insistiu en que "non debemos permitir que esto suceda" ao entender que é unha ruta de gran interese tanto para Vigo como para Galicia.
Tal e como subliñou o rexedor a alternativa que lle queda aos vigueses é o aeroporto de Oporto "e iso non é bo nin para Galicia nen para a súa economía". "A Xunta ten que entender que é vital o mantemento de tráficos e vóos" no aeródromo vigués, explicou o alcalde. Neste senso lembrou tamén que Vigo non debe renunciar ao vóo con Londres.
O alcalde defendeu que o aeroporto que debe ser obxectivo de atención central é Vigo "por ser a zona máis habitada e de máis capacidade económica de Galicia", dixo. Por iso avanzou que "queremos falar con todos os que teñen que ver co aeroporto de Vigo sobre a súa potenciación e pulo".
Abel Caballero referiuse tamén ao Ministerio de Fomento ao asegurar que "está facendo os deberes á perfección". Entre eles citou o estado "avanzado" do aparcamento, o feito de que próximamente poráse a primeira pedra da terminal e que xa está en desenvolvemento o plan director de acesos ao aeródromo vigués.