venres, 27 agosto 2010

O alcalde avanza que José Blanco estará próximamente en Vigo para poñer a primeira pedra da nova terminal de Peinador

venres, 27 ago 2010

O alcalde lembrou que o Ministerio de Fomento ratificou que Vigo contará "cunha gran estación ferroviaria" así como que non haberá "recortes, retrasos ou dilacións" nas grandes infraestruturas. Abel Caballero aludiu a proxectos como o da nova estación ferroviaria, o Ave Vigo-Ourense por Cerdedo ou a Autovía Vigo-Pontevedra libre de peaxe para amosar o compromiso do ministerio que dirixe o socialista José Blanco coa cidade olívica.

O alcalde dí de que non hai evidencias de que unha competición entre automóbiles causara o sinistro na estrada vella de Madrid

venres, 27 ago 2010

Abel Caballero insistiu en que a policía local está a levantar os atestados e realizando as indagacións oportunas para esclarecer as causas do accidente no que un xoven motorista perdeu onte a vida. Sí adiantou Caballero a que todo apunta á implicación dun tercer vehículo que a policía trata de localizar para contribuir a aclarar as causas