Escoitar

O alcalde avanza que José Blanco estará próximamente en Vigo para poñer a primeira pedra da nova terminal de Peinador

O alcalde lembrou que o Ministerio de Fomento ratificou que Vigo contará "cunha gran estación ferroviaria" así como que non haberá "recortes, retrasos ou dilacións" nas grandes infraestruturas. Abel Caballero aludiu a proxectos como o da nova estación ferroviaria, o Ave Vigo-Ourense por Cerdedo ou a Autovía Vigo-Pontevedra libre de peaxe para amosar o compromiso do ministerio que dirixe o socialista José Blanco coa cidade olívica.

venres, 27 ago 2010
1282915968mayne.JPG
Abel Caballero explicou que o proxecto de Thom Mayne para a nova estación ferroviaria "segue o seu curso normal" e lembrou que está xa adxudicada a fase ferroviaria mentras que a fase de Vialia, "dacordo co previsto" será iniciada de xeito inminente. "Se está buscando unha fecha para que Thom Mayne presente o proxecto", afirmou o rexedor.

Tamén subliñou que os túneis de entrada a cidade "seguen o seu proceso de avance e non hai nin un so euro recortado". Co que respecta a liña Vigo-Ourense por Cerdedo, da que xa estaba anunciada a cooperación público-privada, "continúa a súa marcha", explicou. Da autovía Vigo-Pontevedra afirmou que os proxectos xa están adxudicados por valor de 15 millóns de euros e unha vez que estean rematados procederáse a súa adxudicación. Ademáis Abel Caballero ratificou que a primaveira próxima porase a primeira pedra da ampliación de Rande.

A xuizo do rexidor esto amosa que non se recorta "nin un so euro nas obras importantes desta cidade".
Descargar todas as imaxes