Escoitar

O goberno local investirá 137.000 euros nas pistas deportivas de Castrelos e Fontáns

Abel Caballero afirmou que con estas actuacións inicia un plan nas instalacións deportivas de Castrelos para recuperar a calidade deportiva neste espazo. As pistas actuais, tal e como indicou o alcalde, atópanse nun estado "moi deficiente" e a inversión realizarase con cargo ao Plan FEISL

venres, 27 ago 2010
1282916048Castrelos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo na mañá deste venres no parque de Castrelos para visitar as actuais canchas de baloncesto. Alí explicou que as obras comenzarán a principios de setembro e estarán rematadas nun prazo de dous meses.

Concretamente son dúas pistas de baloncesto nas que se acondicionará o firme, se instalará pavimento moderno, pechamento, bancos nas inmediacións e novas canastas. "Ésta é unha obra de certa envergadura", asegurou Abel Caballero, quen afirmou tamén que con estas dúas pistas "recuperaráse a calidade de deporte que Castrelos tivo hai 30 anos".

No caso de Fontáns, no Calvario, levaráse adiante a recuperación da pista de fútbol co acondicionamento do, marcaxe e sinalización, pechamento metálico, un xogo de porterías, bancos e papeleiras.
Descargar todas as imaxes