Escoitar

O alcalde anuncia que o PXOM inicia as súas actuacións "en tempo real"

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe venres o proxecto de compensación da unidade de actuación urbanística Tomás Paredes A-3-37 polo que prolongarase a rúa Marín, se edificarán en torno a 120 vivendas e xeneraránse 2.000 metros cadrados de zonas verdes

venres, 27 ago 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a prolongación da rúa Marín cara a zona do segundo cinto de circunvalación abrirá unha entrada a Samil paralela a primeira fase da Avenida de Europa. O rexedor socialista indicou que das 120 vivendas que se edificarán, a metade contarán "con algún tipo de protección".

"Esto significa que o Plan Xeral de Ordenación Municipal inicia as súas actuacións en tempo real e que a partir de agora escoitarán falar de ámbitos da cidade que inician a súa actuación".