martes, 24 ago 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a Xunta de Goberno Local, celebrada no día de onte luns, aprobou o Plan de seguridade e saúde das obras de "Protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico dos xardíns do Castro". As actuacións comenzarán en dúas semanas e nelas traballarán 6 personas a xornada completa durante 4 meses.
martes, 24 ago 2010
Abel Caballero informou que a inversión ascende a 26.000 euros e que as obras comenzarán a principio do mes de setembro. As actuacións enmárcanse dentro das iniciativas previstas polo Plan Urban e prevén unha duración de 4 meses. En ambolos dous casos renovaráse o mobiliario e procederáse ao peche perimetral dos parques.
martes, 24 ago 2010
Aprobado pola Xunta de Goberno Local o Plan de seguridade e saúde das obras de "Protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico" deste espazo. A inversión da actuación é de 289.190 euros e nela traballarán 5 persoas a xornada completa durante 4 meses. O alcalde, Abel Caballero, avanzou que os traballos darán comenzo no prazo de dúas semanas.