Escoitar

Abel Caballero prevé que o parking do Areal estará rematado en outono de 2011

O alcalde realizou na mañá deste martes unha visita as obras do aparcadoiro no que se está a realizar unha inversión de 12 millóns de euros. Caballero destacou que se trata dunha das grandes actuacións de Vigo e que, a pesar da aparición de vestixios romanos nunha das zonas, a empresa está a seguir "de forma razonable os prazos".

martes, 24 ago 2010
1282652941areal.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o aparcamento do Areal terá 330 prazas das que preto dun 20% estarán reservadas a residentes e 11 para motos. O rexedor olívico destacou que se trata "dun dos grandes aparcamentos da cidade" e que implicará "a humanización dunha zona moi emblemática".

Tamén desvelou o socialista que os restos romanos atopados están a ser "escrupulosamente" respetados pola empresa e analizados e estudiados polo Concello de Vigo e a Xunta de Galicia. De feito, indicou o alcalde que unha das zonas do aparcadoiro esta "baixo observación pola aparición de decantadores de salinas". Incidiu así en que a empresa "ten a habilidade" de manter a obra e o respeto as partes con implicacións arqueolóxicas.

Tal e como afirmou o rexedor socialista a calidade é "inigualable" ao igual que sucedeu co aparcamento e humanización de Pintor Colmeiro e García Barbón-Policarpo Sanz. Así, Caballero ofreceu á empresa toda a colaboración do Concello ao entender que Areal é unha zona de gran vida na cidade, tanto de negocios coma de ocio e turismo.

Tamén explicou Caballero que as catas arqueolóxicas previas xa supuxeron a reducción do parking, que contaba con 545 prazas inicialmente, e confiou en que os recentes achados non alterarán o ámbito.
Descargar todas as imaxes