O goberno local aproba o acondicionamento dos parques infantís do barrio das Flores e da Guía
Abel Caballero informou que a inversión ascende a 26.000 euros e que as obras comenzarán a principio do mes de setembro. As actuacións enmárcanse dentro das iniciativas previstas polo Plan Urban e prevén unha duración de 4 meses. En ambolos dous casos renovaráse o mobiliario e procederáse ao peche perimetral dos parques.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado luns o Plan de seguridade e saúde das obras de "mellora e acondicionamento dos parques infantís do barrio das Flores e da Guía", incluidas no Plan Urban.
Tal e como adiantou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, no parque da Guía procederáse ao acondicionamento ambiental, á dotación dunha superficie de 100 m2 axardinada para a plantación de diversas especies e a instalación de carteis informativos para dar a coñecer a zona.
Xa no caso do Barrio das Flores as actuacións incluidas no proxecto refírense á instalación de pavimento de caucho, acondicionamento de seguridade e peche de madeira tratada de 90 centímetros de altura. Ademáis está previsto a preparación de zona de céspede de 120 m2 arredor das zonas de seguridade dos aparatos de xogo no parque infantil, a instalación de tres papeleiras de ferro tratado e a limpeza dos elementos de pedra do parque.
Descargar todas as imaxes