Escoitar

Os xardíns de Pereiró estarán en obras durante 4 meses para recuperar as súas sendas principais

Aprobado pola Xunta de Goberno Local o Plan de seguridade e saúde das obras de "Protección e conservación do patrimonio histórico e paisaxístico" deste espazo. A inversión da actuación é de 289.190 euros e nela traballarán 5 persoas a xornada completa durante 4 meses. O alcalde, Abel Caballero, avanzou que os traballos darán comenzo no prazo de dúas semanas.

martes, 24 ago 2010
1282653080pereiro.jpg
A actuación que recolle a inversión abarca a reparación e recuperación das sendas principais dos xardíns de Pereiró, que forma parte do patrimonio histórico e paisaxístico da cidade, así como de varios elementos do mesmo que están deteriorados polo paso do tempo.

Para realizar as reparacións, procederáse a renovar as sendas peonís con extensión de xabre e mellorar a capa de rodadura das sendas que conducen ata a entrada do cemiterio. Tamén aproveitaráse esta actuación, con cargo ao Plan Zapatero de 2010, para acondicionar os elementos vexetais e os parterres.
Descargar todas as imaxes