Escoitar

A humanización de López Mora supera os 3 millóns de euros e estará rematada en novembro

Abel Caballero explicou que as actuacións céntranse na renovación da rede de saneamento, o diseño dunha nova rede de abastecemento así como a remodelación de beirarrúas e mantemento de prazas de aparcamento. O rexidor informou que a humanización de López Mora unida á de Pi y Margall supera os 6 millóns, unha obra "sen precedentes na cidade de Vigo"

luns, 23 ago 2010
1282567681lopezmora.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou na mañá deste luns a humanización de López Mora, rúa que definiu coma "unha das avenidas troncais de Vigo e nexo histórico de relación entre Travesas e o centro da cidade".

A humanización exténdese a case que un quilómetro de lonxitude e nela traballan preto de 30 persoas durante 6 meses. O alcalde indicou que as actuacións pasan pola separación de augas pluviais das fecais e polo diseño da nova rede de abastecemento; precisamente sobre éste último aspecto lembrou que, ao igual que en moitas rúas da cidade, a rede de abastecemento ten entre 60 e 70 anos de antigüedad e atópase "en condicións lamentables". "Ésta é unha zona densamente poboada, é inadmisible que permanecera o abastecemento en condicións tan lamentables", afirmou.

Tamén se renovarán os elementos de alumeado e as beirarrúas serán de granito de alta calidade ao tempo que se manterán as prazas de aparcamento. O rexidor socialista amosou a súa satisfacción pola marcha das obras e avanzou que estarán rematadas a finais do mes de novembro.

Abel Caballero engadiu ademáis que a humanización de López Mora xunto á de Pi y Margall superan os 6 millóns de euros polo que subliñou que "nunca nesta cidade fíxose unha obra desta envergadura, con case que 2 quilómetros de humanización".
Descargar todas as imaxes