O alcalde anuncia un proxecto de "nave alternativa" de Bombeiros en Teis e melloras no parque de Balaídos
Abel Caballero informou este luns da aprobación polo goberno local de sendas melloras no parque de bombeiros de Balaídos, por valor de 150.000 euros, e que atópase "nunhas condicións lamentables". Ao tempo, o socialista avanzou que o Concello ten encargado "un proxecto de nave alternativa" para modernizar o Parque Central de Teis, e reclamou ao Porto de Vigo un espazo para a "presenza permanente" dos bombeiros nesta zona de "risco".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns que ten encargado "un proxecto de nave alternativa" para o parque de bombeiros de Teis, co obxectivo de modernizar o servizo, e informou asemade dun investimento municipal de 150.000 euros para mellorar as instalacións do de Balaídos.
Caballero, tras a Xunta de Goberno Local celebrada este luns, indicou que o parque de Balaídos atópase "nunhas condicións lamentables" e, de cara a "mellorar" a habilitabilidade desta, o Concello destina 150.000 para a separación dos espazos dos vehículos das zonas comúns de uso do persoal.
Xunto ao parque en Teis do Servizo Muncipal de Bombeiros, e o presente no baixo do estadio de Balaídos, o Plan Xeral de Ordenación Municipal contempla unha terceira dotación na zona interior da cidade, explicou o alcalde. Caballero indicou que a obxectivo do Concello é contar co de Teis, o interior que prevé o PXOM e un terceiro en terreo portuario.
O alcalde fixo un "chamamento cooperativo" ao Porto de Vigo e reclamoulle unha nave en espazo portuario onde habilitar a "presenza permanente" dos bombeiros e cubrir así unha zona de "risco" da urbe. Caballero recordou que a cidade presta alí atención contra o lume pese a ser competencia portuaria, e solicitou a Autoridade Portuaria que respecte o acordo acadado polo Concello co anterior presidente da entidade, Jesús Paz, para ubicar unha nave na zona de astaleiros.
Descargar todas as imaxes