Escoitar

O alcalde anima aos vigueses a disfrutar da Subida Cidade de Vigo

A proba automobilística, a única que discurre por terras viguesas, chega este ano a súa cuarta edición e se disputará os días 11 e 12 de setembro en tramos que pasan por Campaneiro, Subida ao Monte e con meta no Campo de San Esteban. A organización confiou en revalidar os éxitos da pasada edición e agradeceu o apoio do rexedor vigués.

xoves, 26 ago 2010
1282826284rally.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou na presentación do rallye a importancia desta proba automobilística que atopa en Vigo unha grande afección. Así subliñou a profesionalidade dos organizadores, a escudería Racing Sport Competición, que priman á seguridade da proba ante calqueira outra circunstancia.

Abel Caballero explicou que a organización esta "volcada" nun deporte que ten grande aceptación nunha cidade referente no sector do automóbil. "Queremos ser referentes en todas as facetas do automóbil", afirmou o rexedor socialista, ao tempo que convidou a todos os afeccionados ao motor a disfrutar da proba e do entorno polo que discurre. Engadiu ademáis que o reto con respecto á competición é acadar que en anos sucesivos "teña cada vez máis peso e sexa un referente" no mundo do motor.

Desde a organización confían en revalidar o éxito do pasado ano con cotas de máxima seguridade. O director de carrreira, Tino Domínguez, recoñeceu que "o maior trofeo é rematar e que non haxa accidentes" polo que lembrou que as medidas de seguridade inclúen "altos" no percorrido "para que o público estea arroupado".

Pola súa banda Manuel Pérez, da escudería Racing Sport, incidiu en que esta cuarta edición estará adicada ao piloto Iván Costa, falecido o pasado mes de xullo. Pérez lembrou que ésta é a única proba automobilística "que realmente se celebra no Concello de Vigo" e insistiu en que queren seguir sendo "a mellor proba que se celebra no campenato galego de montaña".
Descargar todas as imaxes