Escoitar

Abel Caballero mantén a man tendida á Consellería de Educación

O alcalde vigués asegura que polo de agora non está fixada a data para a reunión co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pero que a situación é "amigable" e se está tratando de buscar unha data para o encontro. Caballero avanzou que está "a disposición" do conselleiro e mostrouse aberto a celebrar a reunión "aquí ou en Santiago"

mércores, 25 ago 2010
1282739987IMG_0170.jpg
O alcalde afirmou que na reunión se abordarían cuestións coma a situación dos edificios dos colexios na cidade, a construcción do novo centro de Altamar ou as reformas dos comedores escolares.

O rexedor socialista indicou que os centros educativos de Vigo teñen "serias deficiencias" así como que o novo edificio do colexio Altamar "ten que facerse no sitio actual" ao entender que "encaixaría ben". Polo que respecta a ETEA o alcalde asegurou que neste eido está "todo prácticamente pechado".

Abel Caballero destacou a importancia de que se celebre este encontro porque, segundo explicou, "creo que hai cuestións que temos que resolver conxuntamente e confío en que as resolvamos", dixo.
Descargar todas as imaxes