O Verbum prepara un Nadal lúdico e didáctico para os seus visitantes
O Museo Verbum-Casa das Palabras quere unir o lúdico e o didáctico este Nadal ofrencendo unha programación que inclúe exposicións sobre o xoguete e o cómic, obradoiros de fotomontaxe e papel, visitas guiadas e contacontos.
As actividades, que foron presentadas hoxe martes polo concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, distribúense do seguinte xeito:
Exposición "O Mundo do Xoguete"
Organizada polo Verbum coa colaboración da Fundación Raquel Chaves, de Interese Galego. Esta mostra centrarase no lúdico como forma de comunicación. Inauguración: venres 22 de decembro.
Exposición "O Mundo do Cómic"
Organizada en colaboración coa asociación BD Banda e comisariada por Kiko da Silva. Incluirá unha mostra de orixinais de 16 autores galegos de recoñecido prestixio, como Miguelanxo Prado, Manel Cráneo, Miguel Porto e Miguel Robledo. Inauguración: 13 de decembro.
Biblioteca do Cómic
Ademais, o Verbum terá a disposición de todos os interesados no mundo do cómic unha mostra de últimas obras publicadas nesta arte, tanto para adultos como para nenos. A biblioteca abrirá o martes 12 de decembro.
Obradoiro de fotomontaxe
Do martes 26 ao sábado 30 de decembro, Miguel Calvo impartirá este obradoiro de 10.00 a 14.00 horas. Os seus destinatarios son os rapaces de 10 a 14 anos, que poderán adentrarse nas técnicas do collage. Prazas limitadas.
Obradorio de papel
Os nenos de 5 a 10 anos poderán coñecer mellor este material e os seus usos e aprender técnicas de reciclado e papiroflexia. Este obradorio desenvolverase do 2 ao 5 de xaneiro, coa realización de xogos e xincanas.
Visitas guiadas
Dirixidas a grupos de todas as idades, especialmente familias e grupos pequenos. As visitas compleméntanse con actividades didácticas e xogos. Pases ás 12.00 e 17.00 horas.
Ciclo "Palabras Minúsculas" de contacontos familiar
Sesións para nenos a partir de 3 anos e acompañantes, os domingos de mañá ás 12.00 horas.
Descargar todas as imaxes