O colexio Atlántida recibe o Premio Integración
O colexio Atlántida recibe o VII Premio Integración que concede anualmente o Concello de Vigo co fin de recoñecer ás persoas ou institucións que traballan a prol da integración. O acto terá lugar ás 19 horas do hoxe luns na sede da Alcaldía.
Ramona Fernández Rodríguez, directora do Colexio Atlántida, recollerá o galardón que premia ao centro educativo pola aposta decidida e real á integración das persoas con discapacidade intelectual no ámbito escolar, adaptando materiais didácticos e brindando oportunidades aos alumnos máis aló da formación académica e cara a súa integración laboral. Nestes momentos este colexio ten matriculados dez alumnos con discapacidade intelectual e ten dada a oportunidade de facer prácticas de conserxe no colexio a un alumno con discapacidade.
Dende hai sete anos o Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, entrega os premios de integración das persoas con discapacidade, a aquelas persoas, entidades ou empresas que tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade. O premio consiste nunha placa que recoñece esta labor desenvolvida.
As propostas dos candidatos ó premio as realizan as asociacións de persoas con discapacidade que integran o Consello Local de Accesibilidade e tras unha votación elíxese o premiado.
A entrega do premio realizarase o luns 4 de decembro de 2006, ás 19.00 horas na Alcaldía e ao acto están convidados ademáis dos premiados, a Corporación Municipal, as asociacións de discapacitados da cidade, os membros do Consello Local de Accesibilidade, entre outros.